2013/10/22

Postais para ninguén

Convocatoria de arte postal promovida por Carolina Martínez e Estudio Abierto para o festival OF2013



http://postaisparaninguen.tumblr.com/

Convocatoria de Arte Correo
O mail art consiste no intercambio de pequenas artes por medio do correo
postal. Este movemento naceu a principios dos anos 60, un dos seus
creadores é o americano Ray Jhonson (Grupo Fluxus) que retomou o que
no seu día comezaran outros artistas como os dadaístas Marcel Duchamp,
Hugo Ball, Tristan Tzara, etc.…
Neste medio de expresión non existen regras impostas polas institucións
oficiais, nin marchantes, nin galerístas, non existe a venda, todo é exposto…
A arte é libre.
Se queres participar nesta convocatoria de MailArt, manda unha pequena
obra coas características que se poden ler embaixo a: ENVIAR A: ESTUDIO ABIERTO
Rúa María, 90 / 15401 – Ferrol
A Coruña / España
 Medidas: 10x15cm. – Postal
Técnica: Fotografía e collage
Fecha Límite: 15-Oct-2013
As obras non serán devoltas pasando a formar parte do arquivo de arte correo do
“Outono Fotográfico”.
As obras recibidas serán expostas en http://postaisparaninguen.tumblr.com/ e
fisicamente en Estudio Abierto dentro do OF2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario